PROXECTO

SENDERE

 Un proxecto baseado en tres pilares de actuación: sensibilizar, detectar e reparar.

Nos últimos anos, estamos a asistir a unha exposición, case cotiá, de datos e cifras que colocan a violencia de xénero nas idades máis novas nunha problemática social, só con ver as noticias dos diferentes  medios válenos para darnos de conta desta problemática.

O proxecto Sendere céntrase na mocidade, e preséntalles unhas sinxelas enquisas para posteriormente ver conxuntamente os resultados e analizalos.

Un encontro onde os resultados serán analizados baixo a visión da escalada da violencia de xénero na adolescencia: Adaptación do conto «PEPA e PEPE».

A simboloxía da escaleira resulta un marco explicativo idóneo para expoñer este proceso, xa que nos vai a axudar primeiro a tomar conciencia das situacións de violencia de xénero que sofren as mozas e segundo porque nos servirá como instrumento para avaliar a situación na que se atopan as mozas que sofren violencia, e así ter ferramentas desde os distintos centros da muller que posúen os diferentes concellos.

protección de datos